Dolores Guerrero inaugura unha exposición artística polo Día Mundial do Medio Ambiente en Lugo

LugoXa
‘Mulleres en Acción polo Planeta’ transforma materiais reciclados en arte para concienciar sobre o cambio climático e a contaminación de océanos e terras
exposicion-mulleres-polo-planeta-Dolores-Guerrero-Lugo
4 Jun 2025

Dolores Guerrero impulsa a exposición 'Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra' polo Día Mundial do Medio Ambiente, na Capela de Santa María de Lugo este xoves, 5 de xuño.

A mostra de deseños con materiais reciclados está comisariada polas artistas Dolores Guerrero e Rosa Gallego del Peso e trátase dun proxecto artístico reúne deseños de 21 mulleres que transformaron materiais reciclados como plásticos, papel, cartón, cápsulas de café ou recortes de tea en creacións de deseño artístico cunha mensaxe para concienciar sobre o impacto do cambio climático e denunciar o alarmante aumento na xeración de vertidos.

A artista luguesa, Dolores Guerrero, ultima a preparación da mostra da que destaca, ademais das súas calidades artísticas, unha mensaxe que convida á reflexión sobre o exceso de residuos, a contaminación de mares e océanos, o consumo desmedido de roupa e a importancia da reutilización e a reciclaxe para protexer o noso planeta.

⚙ Configurar cookies
0.18211221694946