Doncos celebra o mércores e xoves as festas de Santiago
LugoXa
Abrirán a programación cun partido de solteriso e casados
Cartel
23 Xul 2024
A localidade de Doncos, nas Nogais, celebra o mércores e o xoves as súas festas na honra a Santiago Apóstolo.
Comezarán o mércores cun partido de solteiros contra casados, ás 19.00 horas, antes da verbena amenizada pola orquestra Tokio, á que seguirá a actuación da discomóvil DBC. A sesión pechará cunha chocolatada popular.
O xoves abrirán as celebracións cunha misa solemne e procesión a partir das 13.00 horas. Seguirá unha sesión vermú co dúo La Hora Bruja, que repetirá na verbena. Pola tarde están previstos xogos infantís.