Dous bailaríns de Lugo reciben o terceiro premio no programa Xuventude Crea de danza moderna

LugoXa
A Xunta deu a coñecer aos gañadores da edición deste ano do programa Xuventude Crea na categoría de Danza Moderna.
premio danza modera xuventude crea
9 Dec 2023

A Xunta deu a coñecer aos gañadores da edición deste ano do programa Xuventude Crea na categoría de Danza Moderna. Javier Vázquez Gundín (Sada) fíxose co primeiro posto coa peza Tempus fugit.

A parella formada por Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira (Gondomar) obtiveron o segundo premio coa representación de Corpo, liña, espazo. O xurado decidiu que o terceiro posto o compartiran a parella formada por Carlota Paz Álvarez e Claudia Fusté Zaragoza (Lugo), coa danza Identidade, e Fátima Castro González (A Guarda), con Diario de Ana Frank.

O gañador recibirá un premio en metálico de 3.000 euros, os segundos clasificados levarán 1.500 euros e os terceiros, 1.000 euros.

O programa Xuventude Crea, que este ano celebra a súa edición número catorce, supón un apoio ao talento e creatividade da mocidade galega. Nesta convocatoria de 2023 danse cita preto de 350 participantes nas súas diferentes categorías: arte urbana, teatro, música, fotografía, artes plásticas, cociña, videocreación, banda deseñada, novela curta, poesía, danza moderna, deseño de xoias, moda e creación de videoxogos.

0.16516089439392