Dous karatekas do club Dajankai representarán a Lugo na final da Liga Nacional

LugoXa
Lorena Román e Antón Souto competirán en Tenerife tras unha tempada destacada en competicións autonómicas, nacionais e internacionais
Lorena-e-Antón-Dajankai
5 Dec 2025

O club lucense Dajankai terá unha presenza destacada na final da Liga Nacional de Karate, que se celebrará o próximo 12 de decembro en Tenerife, coa participación de dous dos seus deportistas: Lorena Román, de 6 anos, na categoría kata benxamín, e Antón Souto, de 18 anos, en kata sub-21.

Ambos karatekas chegan a esta cita tras unha temporada intensa con participación en competicións autonómicas, nacionais e internacionais. Souto obtivo un meritorio 5.º posto en kata no Campionato de España celebrado en novembro, alcanzou o 9.º posto no evento internacional K1 Youth League de Porec e participará de novo na liga internacional Youth League de Venecia a fin de semana do 6 de decembro. Pola súa banda, Román foi Grand Winner na pasada Liga Galega de Karate e conseguiu o 7.º posto no Campionato de España celebrado en Logroño en abril.

Desde o club destacan “o esforzo, a constancia e o compromiso” dos dous deportistas. “A Liga Nacional é un dos escenarios máis esixentes do calendario español, xa que reúne aos 12 mellores karatekas de cada categoría. En cada combate afrontan un reto deportivo e emocional, e é tamén un punto de encontro para o futuro do karate estatal, polo que clasificarse supón un gran logro”, subliñan.

Ademais, viaxarán con eles David González, presidente e profesor do Dajankai, quen exercerá como árbitro convocado pola Federación Española de Karate, e Jana González, que participará como coach nacional.

⚙ Configurar cookies
0.08232307434082