Dous novos axentes da Policía Local toman posesión en Lugo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, e polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, levaba a cabo este martes a toma de posesión de dous novos axentes que se incorporarán á Administración local logo de superar o correspondente proceso selectivo –oposición en quenda libre– convocado pola Academia Galega de Seguridade.
toma_posesion_axentes_policia_local
27 Feb 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, e polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, levaba a cabo este martes a toma de posesión de dous novos axentes que se incorporarán á Administración local logo de superar o correspondente proceso selectivo –oposición en quenda libre– convocado pola Academia Galega de Seguridade.

Os novos axentes son Fernando Adarraga Martínez e Héctor Jato Rodríguez. A rexedora trasladou os seus parabéns aos efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran relevancia e responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”. Deste xeito, Paula Alvarellos deu a benvida aos novos axentes e destacou o importante labor que realiza a Policía Local en prol da convivencia cidadá.

 

 

0.21422410011292