Dous responsables veciñais dimiten na Federación Lucus Augusti tras discrepancias internas

LugoXa
A decisión prodúcese tras varios meses de desencontros coa entidade e no marco dunha nova etapa asociativa
Carlos-Vázquez-e-Rosa-María-Díaz
27 Mar 2026

Rosa María Díaz López e Carlos Vázquez Pena comunicaron a súa renuncia ás responsabilidades que viñan desempeñando na Federación de Asociacións de Veciños de Lugo “Lucus Augusti”, nunha decisión que atribúen a desencontros mantidos coa entidade nos últimos meses.

En concreto, Díaz López deixa o seu cargo como vicepresidenta e tamén as súas funcións como responsable de Asociacións do Rural. Pola súa banda, Vázquez Pena renuncia aos postos de vicepresidente segundo e voceiro, así como ás tarefas relacionadas coa área de redes sociais.

Segundo explican, esta decisión está motivada polas discrepancias xurdidas coa federación durante o último período, o que finalmente levou a ambos a dar un paso atrás nas súas responsabilidades. A saída prodúcese ademais nun contexto de cambio, coincidindo co inicio dunha nova etapa vinculada á Asociación Cultural Lugo Sur Conturiz, de recente creación.

Os dous exresponsables sinalan que esta nova fase busca establecer un marco de actuación propio, máis definido e coherente, que permita manter unha relación institucional axeitada coas distintas administracións públicas.

Así mesmo, destacan a súa aposta por un modelo asociativo plural, reivindicativo e democrático, no que se reforcen os mecanismos de participación e representación veciñal.

0.12538194656372