"Dous Rombos… Pasa para a cama" chega a Monterroso o 8 de novembro

LugoXa
O espectáculo de Sergio Alba, organizado polos Falcatrueiros, ofrecerase no salón de actos do centro sociocultural
Dous-Rombos-Monterroso
25 Oct 2025

O humor de "Dous Rombos… Pasa para a cama", escrito, dirixido e interpretado por Sergio Alba, desembarca na Comarca da Ulloa este sábado 8 de novembro.

A función terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos do centro sociocultural de Monterroso, nunha cita organizada pola Asociación Cultural Falcatrueiros co apoio do Concello.

As entradas están dispoñibles de forma anticipada na Pizzería Bahía e na Libraría D’Papel de Monterroso, e inclúen unha rifa que se celebrará durante a función. Tamén se poderán adquirir en taquilla o día do espectáculo, suxeitas a dispoñibilidade.

⚙ Configurar cookies
0.09050989151001