Down Lugo inaugura unha exposición fotográfica no Museo Provincial de Lugo este venres

LugoXa
Ademais da inauguración, lerase o Manifiesto pola Promoción da Autonomía Persoal, un acto simbólico para reivindicar os dereitos das persoas con síndrome de Down
Down-Lugo
19 Mar 2025

Este venres 21 de marzo conmemórase o Día Mundial do Síndrome de Down, unha data para visibilizar a realidade e os dereitos das persoas con esta condición.

En Lugo, a celebración deste día contará cunha actividade de gran importancia: a inauguración da exposición fotográfica 'TAN COMO TI: A realidade actual das persoas con síndrome de Down' no Museo Provincial de Lugo.

O evento dará comezo ás 11:30 horas, e a exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 22 de abril de 2025, pretende reflexar a vida e os dereitos das persoas con síndrome de Down, amosando a súa realidade actual a través dunha serie de impactantes fotografías.

Ademais da inauguración, lerase o Manifiesto pola Promoción da Autonomía Persoal, un acto simbólico para reivindicar os dereitos fundamentais das persoas con síndrome de Down e destacar a importancia da súa inclusión e autonomía na sociedade.

Convidamos a toda a cidadanía a participar nesta xornada tan significativa para seguir visibilizando os dereitos e capacidades das persoas con síndrome de Down. A exposición será unha oportunidade para reflexionar sobre a diversidade e a igualdade de oportunidades.

⚙ Configurar cookies
0.26471018791199