Duancos acolle o día 28 deste mes a V edición da Ruta Cabalar
A parroquia de Duancos, en Castro de Rei, acollerá o 28 de outubro a cuarta edición da Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.30 horas coa saída desde o Val dos Soños. Haberá almorzo antes da saída e parada con pinchos á metade do percorrido para repoñer forzas.
Esta actividade terá a súa conclusión ás 14.00 horas tamén no Val dos Soños, onde se fará un xantar. Para participar nesta comida non é necesario facer a ruta pero si estar anotado.
Tamén haberá sorteos, agasallos e música con Verónica Cambón.
Así, os interesados en sumarse á ruta e ao xantar deberán poñerse en contacto coa organización antes do 24 de outubro nos teléfonos 626 119 930 (Cristian) ou 610 284 175 (Zelai).
A organización lembra que esta ruta non é unha competición, é un paseo a cabalo polo que cada participante deberá responsabilizarse dos danos que poida ocasionar a súa montura.