Duarría, en Castro de Rei, celebra o Santiago a fin de semana

TerraChaXa | LugoXa
A localidade de Duarría, en Castro de Rei, celebrará a última fin de semana deste mes as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.
durarria festas portada
25 Xul 2023

A localidade de Duarría, en Castro de Rei, celebrará a última fin de semana deste mes as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.

As celebracións darán comezo o venres ás 22.00 horas cunha churrascada popular seguida da verbena, que estará a cargo de Saudade. Tamén estará a disco móbil de Dvid Expósito.

O sábado 27, ás 13.30 horas haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Alabama. Pola noite, este conxunto e Los Satélites serán os encargados do parte musical na verbana.

O domingo repetirase a programación relixiosa e a orquestra Stereo será a encargada da sesión vermú e tamén da verbena, na que se sortearán 600 euros ata que apareza o premiado.

durarria festas
0.25986886024475