Dúas asociacións beneficiarias do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios da Deputación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A reunión da Xunta de Goberno aprobou o último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe total de 11.
Pilar garcia porto xunta de goberno
18 Aug 2023

A reunión da Xunta de Goberno aprobou o último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe total de 11.000€ a dúas entidades asociativas que resultaron beneficiarias do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que impulsa a Deputación de Lugo.

A Agrupación Aldea de Abaixo, de Riotorto, recibirá preto de 5.000€ para a reparación e mantemento dun depósito de auga neste núcleo rural e a Asociación de Veciños A Caxigueira de Castroverde percibirá 6.000€ para a adecuación do firme da pista que une Mirandela coa estrada provincial LU-P-0502, que conecta Baralla, por Guimarei, á de Souto de Torres a Sobrado.

Co Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, a Deputación colabora economicamente con entidades asociativas da provincia, como agrupacións veciñais, comunidades de augas e de montes, e asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais, para acometer obras en servizos, equipamentos e infraestruturas que inciden no seu día a día, tales como pistas, accesos, locais sociais, traídas de auga, fontes ou espazos públicos comunais.

“Estamos contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e, desta forma, a fixar poboación no noso rural”, destacou a deputada Pilar García Porto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18359899520874