Dúas brasileiras máis incorpóranse ao FSF Castro no mercado de inverno

O FSF Castro Cando volveu mover ficha no mercado cunha aposta decidida polo talento brasileiro para elevar o nivel competitivo do equipo. O club chairego pechou as incorporacións de inverno con Luana Moura e Natalinha dos Santos Fernandes, que se suman a Luisa Mayara, Dani Sousa e á xa coñecida María Clara, da que o club xa dera conta con anterioridade, para reforzar un proxecto que gaña peso e ambición.
Para Luana Moura, de 31 anos, a chegada ao FSF Castro vese como unha nova experiencia a nivel persoal como deportivo. O seu fichaxe xestouse a través do seu representante no Brasil.
Natalinha dos Santos ten 32 anos e é campioa do mundo en Filipinas. Chegou en boas condicións físicas, tras continuar adestrando durante as vacacións, coa intención de integrarse con rapidez e achegar rendemento inmediato ao cadro chairego.
Con estas incorporacións, o FSF Castro Cando reforza a súa identidade e consolida unha clara aposta por un bloque con marcado acento brasileiro para afrontar con maiores garantías os retos da tempada.