Dúas concentracións en Lugo fixeron fronte ao crime da luguesa de Oia
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, fixo pública hoxe a súa condena polo crime machista de Ana Vanessa Serén, veciña de Lugo asasinada o sábado no municipio de Oia, Pontevedra.
Isabel Rodríguez encabezou unha concentración convocada esta mañá pola Subdelegación do Goberno na que se gardou un minuto de silencio en memoria da vítima. Tamén participaron no acto a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller, María Luisa Castro; a alcaldesa, Lara Méndez; e outros membros da corporación municipal, así como responsables das Forzas e Corpos de Seguridade da provincia.
A subdelegada mostrou a súa repulsa por este novo atentado á vida dunha muller e insistiu en que “vivir sen medo e libre de violencia machista é unha prioridade de país“ e que se logrará acabar con esta lacra “con firmeza, unidade e todos os recursos necesarios”.
Na Delegación da Xunta en Lugo tamén e realizou a concentración en repulsa do crime machista de Oia.