Dúas especies protexidas poderían frear a zona de baño de Lugo

LugoXa
A Xunta de Galicia desaconsella a instalación das piscinas flotantes ante a aparición de dúas especies de mexillón de río.
Simulación da Plataforma de Baño Pública II
29 Jun 2022

A Xunta de Galicia vén de remitir un informe, realizado polo xefe do Servizo de Patrimonio Natural, no que consideran non viable a instalación dos mortos de ancoraxe aos que irá unida a estrutura flotante prantexada polo Concello de Lugo como zona de baño pública no río Miño.

Segundo o informe, cantidades "abundantes" de dúas especies vulnerables de mexillón de río (Unio delphinus e Potomida littoralis) poderían resultar sensibles aos traballos de instalación desta estrutura. Asemade, explican dende a Xunta "está sen avaliar de xeito preciso o efecto negativo que poderían causar as propias piscinass ao cubrir as colonias de mexillón de río e mesmo apoiarse sobre elas en determinados puntos coa baixada dos caudais".

Doutra banda, alén das especies protexidas de mexillón, o xefe do servizo autonómico non recomenda a instalación desta plataforma de baño pública -autorizada por todos os servizos pertinentes nun primeiro momento- pola falta de estudos de caudal e unha batimetría completa da zona dado que, segundo o informe, "non son as máis adecuadas para este tipo de instalacións".

Quitando os argumentos técnicos, o informe resalta unha alta variación entre máximos e mínimos niveis de auga. "En niveis mínimos de estiaxe as pistinas poden apoiarse sobre o fondo e reducir o seu calado e por contra, en caso de crecidas, a corrente da auga podería dar lugar a arrastres e os elementos de fixación e mesmo toda a estrutura poderían causar danos á fauna do leito".

Conclúe, este informe considerando "non axeitado" o lugar autorizado para a zona de daño "polos danos que podería ocasionar a especies protexidas, e porque non queda garantida a estabilidade das instalacións en caso de crecidas ou baixadas de nivel".

COMPROBACIÓNS

En días pasados, diante das noticias sobre a instalación destes elementos, o servizo de Patrimonio Natural púxose en contacto co Concello de Lugo para comunicar que era "preciso" realizar unha mostraxe do río para comprobar a presencia de especies que puideran ser danadas pola instalación. Foi o día 22 de xuño cando dous axentes ambientais e un biólogo acudiron ao punto do río Miño onde estaban proxectadas as piscinas flotantes.

Diante da presenza dun representante da empresa construtora da instalación, dous buzos dixeron a mostraxe do leito e da fausa. Entre as 11 da mañá e as 15 horas intentaron atopar espazos libres de especies sensibles ao emprazamento dos mortos de fondeo, que actúan para fixar as piscinas ao fondo. Foi aquí onde atoparon máis de 350 exemplares destas dúas especies de mexillón de río formando grupos e colonias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19834184646606