Dúas pratas e un bronce para o club Biosbardo na Riaño Trial Run

LugoXa
Éxito do C.D.Biosbardo na Riaño Trail Run, que congregou esta fin de semana a 12 nacionalidades en Picos de Europa,
RIANO TRIAL RUN BIOSBARDO
27 Jun 2023

Éxito do CD Biosbardo na Riaño Trail Run, que congregou esta fin de semana a 12 nacionalidades en Picos de Europa, sendo unha das probas referentes a nivel internacional e baixo o paraugas da Federación Castilla y León
de Atletismo.

O evento constou de 3 etapas, moi duras en canto a desnivel, cifras e terreo técnico, cun total de 86 quilómetros con
600 atletas do máis alto nivel. Unha cita que foi preparada a conciencia polos atletas deste club.

ETAPAS

A primeita etapa foiu de 38 quilómetros e 2900 metros de ascenso, con saída en Oseja de Sajambre e meta en Caín, corazón de Picos de Europa. Unha etapa moi dura onde Iván Sangiao liderou a proba ata o quilómetro 18, perdendo posicións no último tramo por prudencia ante as temperaturas reinantes e remontando nos últimos 5 quilómetros para entrar a pouco do gañador. Pola súa banda Jonathan Pérez mantivo unha liña conservadora durante toda a proba, gardando para as seguintes etapas. O resto dos integrantes, se ben conseguiron rematar a etapa ficaron lonxe
do podio.

A segunda etapa foi de 22k e 1900 metros de ascenso, coronando o pico Espigüete. Saída controlada de cabeza de carreira, cun ataque demoledor de Iván Sangiao buscando o liderato, afianzándose na segunda posición da xeral e distanciándose dos perseguidores.

Tamén destacou o ritmo do último treito de Jonathan Pérez, que se colocou 2º senior. Na categoría veteranos entra en postos de podio por categoría Juan Miguel Fernández.

A estapa 3 contou con 26k e 1500 metros de ascenso, pasando polo pico Gilbo. Sucedéronse os ataques dende os primeiros quilómetros, cunha loita intensa nos postos de podio e perseguidores. Finalmente Iván Sangiao, nunha carreira intelixente e controlada mantivo a 2ª posición da xeral. Jonathan Pérez perdeu unha posición nesta etapa ficando 3º senior e Juan Miguel Fernández mantivo unha gran 2ª praza veterano.

Dominio absoluto do canario Francisco Estévez, que avantaxou ao atleta lugués en 6 minutos na clasificación xeral absoluta.

Polo tanto Iván Sangiao foi subcampión absoluto; Jonathan Pérez, bronce sénior e Juan Miguel Fernández, prata veterano.

Con estes resultados o C.D.Biosbardo remata o primeiro semestre da tempada sendo un dos clubs referentes da modalidade de trailrunning así como afianzando ós seus deportistas dentro do alto nivel competitivo.

Os atletas desfrutarán duns días de descanso coa vista xa posta nas vindeiras probas donde destacan o Campionato de España da modalidade que se levará a cabo en Canfranc (sede do mundial 2025) así como a copa do mundo de Mountain Running, entre outras citas de especial relevancia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18992304801941