E para vivir, Lugo

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa
Unha serie de artigos, breves e sen pretensións que expoñen o punto de vista de Fernanda Arrojo para recomendar as visitas a Lugo
Fernanda 300x300
7 Jun 2022

Por Fernanda Arrojo

Ao longo destes nove meses  de colaboración con este xornal, recomendei Lugo por unha serie de cuestións que me pareceron relevantes, desde o meu modesto e particular punto de vista.

Digo particular porque, en certo xeito, quería saldar unha débeda con esta vila.  Máis ben, coa miña cidade, na que case sempre residín pero que costoume moito conectar con ela.  Sentíame rexeitada e, por iso, rexeitabaa.

Co paso do tempo, decateime de que este malentendido se debía ao descoñecemento mutuo no que vivín durante a miña infancia e adolescencia e que, pouco a pouco, fun desfacendo, desde a miña mocidade ata hoxe, na que afirmo, firmemente, que non só para comer senón, sobre todo, PARA VIVIR LUGO. 

E fun escribindo cada unha desas características que considero importantes. En primeiro lugar, como persoa con discapacidade, recomendei Lugo porque é unha cidade accesible.  Aínda que moitas cousas non se adaptaron, a cidade pódese percorrer en cadeira de rodas, dun extremo a outro. 

Por iso é cómoda, sendo pequena e dotada de moitos servizos culturais, educativos, sanitarios, sociais, deportivos, recreativos... podes facer cousas de todo tipo e dá tempo a todo.

Isto axuda a que sexa unha vila plural e diversa, tanto a nivel funcional (ver a ampla oferta de entidades de persoas con diversidade funcional existentes nela) así como doutras minorías étnicas, relixiosas, de orientación e identidades sexual, etc.

Toda esta diversidade faise visible nas festas populares, tanto nas patronais do San Froilán como no “Arde Lucus” que se celebra, principalmente, na rúa durante este mes de xuño.  E que ben o pasamos! Cada ano a cidade ten máis visitantes para descubrir o agradable que é.

E non só Lugo ofrece oportunidades para divertirse, senón tamén unha gran variedade de actividades culturais ao longo do ano, ofrecendo mostras claras da capacidade creativa da xente desta vila. 

E non esquezamos as actividades deportivas. Podemos facer exercicio polos paseos existentes ao redor da cidade (sendeirismo, footing, running...), á beira dun río navegable para piragüistas. E por supostos, os clubes por excelencia, o Deportivo Lugo e o Breogán que son moito máis que clubes deportivos, xa que reflictan a esencia dunha cidade que vibra con eles en cada partido.

Lugo tamén pensa en feminino, non só porque nela residen máis mulleres que homes, senón tamén porque xa é hora de pensar en nós e coma nós, non por ser superiores a ninguén, non por estar en contra de ninguén, senón porque loitamos pola igualdade e dignidade de todas as persoas.

E por último, dediquei a miña colaboración de maio a unha entidade que está a cumprir cincuenta anos: Auxilia.  Cinco décadas de historia ligada a Lugo que, sendo pioneira no seu momento, axudou a transformar durante todo este tempo non só a cidade, senón tamén a mentalidade da sociedade lucense, sendo moito mais respetuosa coa diversidade.

E por todo isto e por moito mais, sempre recomendarei vivir en Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17767310142517