Ecoloxistas acusan á Xunta de poñer trabas ao autoabastecemento enerxético

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Ecoloxistas en Acción acusa á Consellería de Economía, Empresa e Innovación de establecer novas trabas ao autoabastecemento enerxético.
paneis solares explotacions agricolas gandeiras
29 Mar 2021

Ecoloxistas en Acción denuncia que a Consellería de Economía, Empresa e Innovación acaba de establecer novas trabas ao autoabastecemento enerxético mediante a Instrucción 2/2021 do 4 marzo. A organización ecoloxista sinala que con esta nova instrucción a Xunta de Galicia alonga os prazos administrativos, multiplica os trámites e ademais endurece os requisitos técnicos aplicables ás instalacións de xeración asociadas ás modalidades de autoconsumo.

Segundo explican dende Ecoloxistas en acción, no último decreto poñía que para que unha pequena instalación particular de producción enerxía renovábel poidera conectarse á rede e facer unha compensación simplificada de excedentes só era necesario darse de alta na Consellería de Industria aportando un certificado da instalación. A partir da publicación da instrucción 2/2021, con carácter retroactivo, as instalacións enerxéticas deben entregar un certificado da solidez das cubertas e unha licencia de explotación. "Estos trámites ademáis do coste asociado aos certificados conlevan unha demora na posta en marcha da instalación, xa que a administración galega acostuma a demorarse varios meses na contestación das solicitudes", din.

Ecoloxistas en Acción denuncia que con estas "novas barreras burocráticas se está claramente desincentivando a democracia enerxética dos prosumers e deixando a soberanía enerxética en mans do oligopolio enerxético. Con esta Instrucción da Consellería de Economía, Empresa e Innovación non só se perderán novas instalacións senón que ademais moitas das plantas enerxéticas particulares existentes deixarán de aportar enerxía limpa e renovable á rede".

A organización ecoloxista adirte que con máis trabas administrativas para os productores particulares de enerxía renovable "se están dando pasos atrás para superar a dependencia das enerxías sucias. Para superar a crise climática Ecoloxistas en Acción insta ao goberno galego e aos concellos a simplificar os trámites administrativos e reducir as taxas para as pequenas instalacións de enerxía renovable tanto de particulares como de comunidades enerxéticas locais".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18432712554932