Ecoloxistas en Acción busca frear o proxecto de megagranxa do Corgo

LugoXa
Ecoloxistas en Acción solicitoulle ao Concello de O Corgo que a megagranxa avícola non se instale nesa zona polas afeccións ambientais.
parcela o corgo
23 Abr 2021

Ecoloxistas en Acción entrevistouse cas forzas políticas do Concello de Corgo que comparten a preocupación polas graves afeccións ambientais da macro industria cárnica e solicitoulles que adopten todas as medidas posibles para impedir que a megagranxa avícola se instale no seu concello.

A organización ecoloxista, integrante da "Coordinadora Estatal Stop Gandería Industrial", sinala que España se convertiu no refuxio das megagranxas ante unha industria que fuxe da esixente regulación ambiental da maioría dos países europeos e busca lexislacións laxas como a española e gobernos permisivos como o galego para evitar asumir os costes ambientais que causan as súas explotacións cárnicas.

Denuncian que non hai comarca que tendo implantadas megagranxas tanto avíar como de porcino ou vacún que non teña graves afeccións ambientais de contaminación por nitratos das súas augas. Está comprobado que a macro industria cárnica está lonxe de xestionar axeitadamente os residuos que xeneran as súas explotacións. As propias parcelas onde pretenden intalar o macro proxecto teñen unha faciana lacustre propia dun humedal ao estar atravesada por varios regatos alén do río Maceda. Esta situación agravaría o proceso de transferencia dos nitratos ás escorrentías e mananciais da zona.

Alertan que ao risco de envelenamento de acuíferos debido aos verteduras de xurros ademáis hai que engadirlle a forte pestilencia que provocan as granxas de aves que sóe afectar nun amplo radio ao redor das instalacións.

0.147873878479