Ecoloxistas en Acción mobilízase contra o parque eólico de Valvater

A entidade ecoloxista advirte das graves implicacións ambientais deste proxecto industrial de explotación eólica para numerosas especies.
urogallo
9 Maio 2021

A entidade ecoloxista advirte das graves implicacións ambientais deste proxecto industrial de explotación eólica para numerosas especies ameazadas tanto asturianas como galegas. Así, a zona afectada ten presenza recente da pita do monte, especie en peligro critico de extinción e tamén do oso pardo, ambas con sendos plans de recuperación en Asturias.

As ecoloxistas advirten da gran riqueza ambiental da zona e sinalan os graves prexuizos sobre a biodiversidade desta zona incluida na Rede Natura 2000, con especies ameazadaas e de escasa distribución como o Voitre do Exipto, o furapresas ou o peto mediano, especies incluidas no catálogo rexional de especies vertebradas amenazadas de Asturias, ademáis de diversas especies de anfibios e réptiles endémicas como a lagartixa da serra.

Dende ecoloxistas alertan ademáis que este proxecto pode ter consecuecias negativas sobre a biota da montaña lucense ao actuar como efecto limitante e fracturante do corredor ecolóxico cantábrico impedindo a recuperación da águia real na montaña lucense ou a da pita do monte (actualmente extinta na zona dende o comezo do século XXI).

A cercanía do proxecto a Galiza (a apenas 2 km da raia con Asturias) fai que este proxecto teña implicacións sobre especies incluídas no catálogo galego de especies ameazadas, como a águia real.

“Solicitamos amplitude de miras e ambición ambiental na defensa da biodiversidade non só ao goberno do Principado de Asturias senon tamén ao da Xunta de Galicia, apostando por proxectos de transición enerxética que teñen menos impacto sobre os hábitats pristinos e as especies senlleiras de ambos territorios” - reclama Alberto Riveiro, voceiro de ecoloxistas en Acción.

As especies en perigo de extinción, cunha distribución reducida comparada coa súa área de distribución histórica deben ter un apoio institucional non só protexendo o hábitat actual, senón protexendo tamén o hábitat da súa área de distribución recente para garantir unha recuperación real destas especies. Ecoloxistas en Acción apuntan a que se se quere recuperar realmente á pita do monte hai que garantir que o seu hábitat potencial no que a especie estaba presente até datas recentes.

0.18930101394653