Ecoloxistas en Acción oponse a construción da Rolda Leste

LugoXa
A asociación de Ecoloxistas en Acción de Lugo declara a súa oposición a construcción do proxecto da Rolda Leste
Rato Rolda Leste
14 Mar 2023

A asociación Ecoloxistas en Acción Galicia e o Grupo Local de Ecoloxistas en Acción Lugo en particular, rexeitan a construción da Rolda Leste, unha "infraestrutura que fomenta o tráfico de coches e sacrifica carballeiras, o paseo do Rato como pulmón que rodea a cidade de Lugo é un patrimonio natural a conservar" declaran dende a asociación.

Para Ecoloxitas en Acción esta construción "implicaría uns danos irreparables a nivel ambiental que dende a responsabilidade, o sentido común e o interese xeral deben evitarse" e añaden que "as administracións non deben promover o gasto de fondos públicos no prexuízo do medio ambiente e da mesma sociedade lucense que desfruta destos paraxes diariamente".

Desde a asociación entenden que "calquera tipo de actuación que que se quixese levar a cabo debería ir no senso contrario: a renaturalización, non podemos gastar fondos públicos para fomentar a circulación de coches e moito menos para sacrificar carballeiras, danar á biodiversidade, consumir materiais extractivos e aumentar a contaminación lumínica, acústica ou da calidade do aire".

O grupo local de Ecoloxistas en Acción recorda que "a Xunta de Galicia basease en proxectos e estudos ambientais de hai vinte anos e polo tanto desfasados, por iso, lembrámoslle que estamos no 2023 e a sociedade e as súas demandas mudaron así como as perspectivas de crecemento da cidade, estragar o medio ambiente para adiantar un minuto nunha viaxe que xa ten vías alternativas é un despropósito. Esta obra aos únicos intereses que parece atender son aos das construtoras".

Os 20 millóns de euros de orzamento que están plantexados, aos  que haberá que engadir os do seu mantemento, "poden destinarse a outros moitos fins que si son unha prioridade e supoñen beneficio ao conxunto da sociedade, como tomar medidas para fomentar o transporte público e a redución do tráfico rodado".

Así desde a asociación delcaran que "dicimos un rotundo no porque perderíanse carballeiras centenarias, os seus beneficios ecosistémicos, peches tradicionais, camiños como o das Leiteiras -que debese estar protexido polo seu valor etnográfico- e se infrinxiría un dano irreversible aos ecosistemas e ás especies ameazadas que os habitan". Ademais "afectaranse tamén outros camiños como a vía Künig ou a vía romana XIX, sorprendentemente, nunha cidade que presume de ter varios patrimonios de Humanidade".

"O lugar está ademáis, dentro do perímetro dunha zona de protección de augas mineiro medicinais segundo recolle o visor do SIAMS da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pois toda a zona do rego de Samai e do rio da Chanca -ou rio Rato- está protexida, polo que esta infraestrutura pode prexudicala aínda máis" añaden.

Dende Ecoloxistas en Acción Galiza piden á Xunta que "atenda ao interese xeral, protexa o patrimonio natural e cultural e desista deste proxecto na súa totalidade e o grupo local de Ecoloxistas Lugo poñerá todos os medios ao seu alcance para que así sexa".

0.21133494377136