Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde confía en que a CHMS informará negativamente sobre a planta de Coeses
Desde Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde din non, non e non !, a estragar o patrimonio natural que aínda conservamos,.. os pequenos paraísos que aínda podemos gozar. O colectivo, e especialmente o grupo comarcal de Lugo, con varias das súas integrantes das parroquias que estarían máis afectadas, leva desde que tivo coñecemento deste proxecto, traballando para deter o que consideran mírese como se mire, un proxecto invendible, igual que sucede co de Altri.
Sinalan que a implantación só xeraría beneficios a unha empresa, migallas a uns comuneiros e dano e prexuízos a toda a poboación lucense e visitantes. Para eles crearía 5 empregos e destruiría moitos máis, implicaría unha carga de transporte continua de restos de animais de matadoiros, restos de peixe.. “O cheiro podía ser nauseabundo e afectaría á saúde e calidade de vida dos veciños próximos, máis tamén aos de toda a cidade de Lugo.
Mais ao efecto de malos cheiros, engaden un dano aínda máis relevante, a máis que posible contaminación da auga nunha zona e, cuns valores que non deberían excederse, pois a nada que isto suceda a zona quedaría sen suministro, que hoxe o teñen mediante os seus pozos. Para a asociación ecoloxista custa entender, que como sucede en Altri e en máis, se tramite un proxecto invendible como este e que a Xunta o cualifique de “iniciativa empresarial prioritaria”.
Porén, tamén destacan que polo menos o grupo municipal do Partido Popular de Lugo representado por Elena Candia presentase alegacións o pasado 26 de xuño onde solicita rexeitar a autorización a este proxecto. A mesma postura e, mesmo máis contundente á vista do último pleno municipal, sinalan, é a mantida polos grupos municipais do PSOE e do BNG co que se pode concluír afirmando que: a totalidade da corporación municipal rexeita este proxecto.
Diferentes colectivos da cidade están tamén manifestando a súa posición de rexeitamento e miles de persoas enviaron xa a súa alegación en contra, sábeno ben nos rexistros da cidade que levan días sen dar abasto. Queren agradecer esa resposta clara e rotunda de colectivos e cidadanía, ante esta loita que atende ao interese xeral e ao principio de cautela, moi especialmente ás persoas voluntarias que dedicaron o seu tempo para atender a medios , difundir en redes sociais e informar na rúa persoa a persoa, e tamén aos establecementos que se ofreceron a colaborar para facilitar información e recoller alegacións. Como xa comunicaron, o pasado 20 de xuño remitiron un informe á Xunta, ao Concello de Lugo e á Confederación hidrográfica Miño Sil.
Ademais do informe á CHMS, solicitáronlle un histórico das medicións do punto de vertedura da zona. Esperamos que o teñan en consideración aínda que a día de hoxe, lamentan que ningunha das 3 institucións trasladara a súa resposta. “A descontextualización do patrimonio arqueolóxico, a proximimidade aás casas, a rede Natura e a propia cidade de Lugo deberían ser argumentos suficientes para rexeitar este proxecto. Lembran que o prazo de alegacións finaliza o mércores 10 de xullo e pide a quen non as entregou aínda e comparta o rexeitamento que as entregue. Pode facerse descargándoas e imprimíndoas desde a súa web, entregándoas en calquera dos rexistros físicos ou entregalas virtualmente quen dispoña desa opción. Confían en que a CHMS informará negativamente e defenderá a saúde do río como é a súa obrigación, e que a Xunta á vista das consultas, alegacións e informes e, atendendo ao principio de cautela, ante algo que xa a empresa recoñece con afeccións significativas e que non conta con licenza social, rexeite a autorización a ese proxecto.