Eduardo Iglesias foi recibido na Deputación de Lugo tralo Rally Dakar

LugoXa
Eduardo Iglesias fue recibido por el presidente de la Diputación de Lugo, José Tomé Roca. El piloto participó en el Rally Dakar.
Recepción Eduardo Iglesias deputacion lugo
4 Mar 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves no seu despacho do Pazo de San Marcos ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, quen competiu no Rally Dakar 2022, celebrado en xaneiro, co apoio económico da institución provincial. O deportista conseguiu acabar a proba por terceiro ano consecutivo, situándose nesta edición no posto número 78, e converténdose no único piloto galego en rematar esta proba.

A institución provincial patrocinou a Eduardo Iglesias na competición celebrada en Arabia Saudita, como xa fixo nas dúas edicións anteriores. O deportista portou o escudo da Deputación e a imaxe turística da provincia na moto e no uniforme co que competiu, o que supón unha proxección internacional da provincia de primeira orde, pois o Rally Dakar emítese en preto de 200 países, reunindo a 5 millóns de espectadores en directo en cada etapa e obtendo 54 millóns de visitas en internet.

Durante a recepción, José Tomé Roca aproveitou a ocasión para felicitar ao piloto monfortino pola súa participación e os seus logros na competición, e entregoulle como agasallo institucional unha figura que recrea a fachada do Pazo de San Marcos.

0.188472032547