Eduardo Pardo de Guevara y Valdés protagonizou o inicio das Festas de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Co seu discurso, puxo en valor a dedicación e esforzo por facer do Concello un lugar mellor
Eduardo-Pardo-de-Guevara-y-Valdés-pregón-Rábade
11 Ago 2024

O historiador galego Eduardo Pardo de Guevara y Valdés fi¡oi o encargado de pregoar as Festas Patronais, que se celebran ata o 15 de agosto na localidade.

O Goberno local elixiuno como pregoeiro pola súa vinculación con Rábade dende que era neno onde pasaba longas tempadas coa súa familia do outro lado da ponte medieval, no Pazo de Mirapeixe, en Santa Mariña de Rábade.

A alcaldesa, Reme González, explica que se decidiu convidar a este estudoso “tendo en conta que se achega o centenario de Rábade e el como historiador e especialista en heráldica foi o que deseñou o escudo e posteriormente a bandeira da vila”.

Co seu discurso, puxo en valor a dedicación e esforzo por facer do Concello un lugar mellor, así como destacou a variedade de elementos que destacan no municipio. E, seguido do pregón, deu comezo o XXVIII RabaFolk.

CONSULTA TODO O PROGRAMA PREMENDO AQUÍ

0.19697308540344