Efrén Castro entrega as certificacións de técnico deportivo a 14 adestradores de baloncesto

LugoXa
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a responsable de Drocer Ana Ónega entregaron as certificacións de Técnico Deportivo en Baloncesto ás catorce adestradoras e adestradores que completaron esta formación nese centro de ensinanzas deportivas.
adestradores baloncesto provincia
28 Abr 2024

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a responsable de Drocer Ana Ónega entregaron as certificacións de Técnico Deportivo en Baloncesto ás catorce adestradoras e adestradores que completaron esta formación nese centro de ensinanzas deportivas. O título -que se asimila a unha formación profesional de grao medio – habilita para adestrar en primeiras divisións de categoría autonómica e en primeira división estatal-.

Efrén Castro parabenizou ás adestradoras e adestradores que recibiron a certificación e valorou o “esforzo que require contar cunha formación actualizada para atender as esixencias do deporte de base e amateur, cada vez máis profesionalizado”.

Ademais desta formación, que ten un primeiro ciclo inicial que tamén completaron 35 alumnas e alumnos, Drocer realiza formación complementaria – I Simposium Basketology,Lugo Basket Pro, Ribadeo Basket Pro e campus de adestradores e xogadores -, nos que participaron 100 técnicos e 300 xogadoras e xogadores e que contan coa colaboración da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de diferentes accións formativas ao longo do ano.

0.100506067276