O grupo II Parnasso Musicale estará en Lugo o primeiro sábado de agosto

LugoXa
Miguel Ángel Muñoz, Pepa Mégina, José L. Huertas e María Huertas, presentará o programa titulado 'O canto das árbores'
il-parnaso-musicale-concerto-lugo
31 Jul 2025

A Capela de Santa María, en Lugo, será o escenario este sábado, 2 de agosto, ás 20:00 horas, dun concerto do grupo extremeño Il Parnasso Musicale, recoñecido pola súa interpretación de música barroca. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

O cuarteto, formado por Miguel Ángel Muñoz (corda pulsada), Pepa Mégina (flautas de pico), José L. Huertas (canto e violonchelo barroco) e María Huertas (canto e violín barroco), presentará o programa titulado O canto das árbores, cun repertorio que inclúe obras de R. Hann, R. Strauss e M. Richter.

Il Parnasso Musicale naceu en 2007, en Almagro, como un grupo profesional cunha forte vocación por transmitir a música barroca con sentimento, naturalidade e unha posta en escena accesible para todos os públicos. O seu traballo caracterízase pola fusión da música con outras disciplinas escénicas como a danza, o teatro e a videoproxección.

Nos últimos anos estrearon con éxito proxectos como Marizápalos...En Danza!, Na Selva de Amor e Om Paraíso, presentados no prestixioso Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Tamén teñen participado en múltiples festivais e redes teatrais tanto a nivel estatal como europeo.

O concerto en Lugo promete ser unha experiencia única que achegará ao público á riqueza e sensibilidade da música barroca interpretada con instrumentos de época.

⚙ Configurar cookies
0.25060796737671