Elaboran un mural en Lugo en apoio ao pobo palestino

A Plataforma Lugo por Palestina rematou o pintado dun mural na cidade de Lugo reivindicando a liberdade do territorio palestino ocupado dende 1948, cuxo pobo actualmente está a sufrir un xenocidio por parte do sionismo.
Este mural está situado nunha zona verde do barrio de Paradai, ao lado do hospital veterinario da rúa Alexandre Bóveda.
Esta é unha máis das actuacións que acomete este colectivo en apoio ao pobo Palestino dende que comezou a guerra en Gaza.