Elaboran un plan de tráfico para acometer a reparación de la rúa Fermín Rivera

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que o Goberno de Lugo activará un plan de tráfico de xeito urxente para restrinxir a circulación na rúa Fermín Rivera mentres se realizan os traballos de reparación do firme dun dos carrís, co obxectivo de preservar as condicións de seguridade das e dos usuarios da área de influencia.
De xeito temporal, mentres se desenvolvan os traballos, modificarase o sentido de circulación, quedando temporalmente coa entrada dende a Rúa Santiago e saíndo cara a Estrada de Orzabai. As restricións sinalizaranse segundo a normativa vixente, tratando sempre de evitar as molestias á veciñanza.
A deficiencia observada afecta ao carril de circulación dereito cara a instalación do Club Fluvial polo que é necesario habilitar esta vía nun só sentido de circulación, para garantir da mellor maneira e en todo momento a seguridade na zona, restrinxindo o paso de vehículos desde esta última vía cara a zona afectada.