Elena Candia, crítica coa xestión económica do Concello de Lugo

LugoXa
Candia manifesta que alguén terá que responder pola “mala xestión” da economía municipal
elena-candia-PP-Lugo-2024
Elena Candia
4 Xuño 2024

Elena Candia acusa ao PSOE e BNG de Lugo de “dilapidar” o aforro en Lugo.   A popular explica que a realidade económica do concello é a seguinte: “Para poder manter os servizos públicos pídenlle un esforzo económico aos lucenses e que paguen máis nos seus recibos; e para poder investir vense obrigados a endebedarse e contratar un crédito”

Candia manifesta que alguén terá que responder pola “mala xestión” da economía municipal xa que estas decisións se toman logo de que no ano 2019  PSOE e BNG se atopasen con 51.893.421,84 millóns de euros de remanentes de  tesourería, que dilapidaron en 4 anos

Este é un exemplo de como xestionan os socialistas e nacionalistas en Lugo: “Maior presión fiscal á veciñanza, sen ofertar novos servizos e sen proxectos que den valor engadido”

0.22737002372742