Elena Candia critica que non se aceptaran as solucións propostas para a praza

LugoXa
Segue reivindicando medidas importantes para fomentar o consumo saudable de peixe e que sexa posible para as economías familiares
elena-candia-paula-prado-visita-praza-lugo
27 Apr 2025

A portavoz municipal, Elena Candia, salientou que o PP de Lugo presentou iniciativas no Pleno do Concello para que a Praza de Abastos “estea no centro das políticas públicas” e “se corrixan as deficiencias que ten”. “Propuxemos solucións e seguimos traballando”, indicou, sobre un lugar “importante sobre todo pola actividade económica e a transcendencia que ten para a cidade e a provincia”.

Candia, que visitou a praza de Abastos xunto á secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou que o Goberno local tivera que renunciar a unha subvención da Xunta de Galicia “por non ser quen de executala” e agarda que, coa deste ano e que volve ter concedida, “traballen máis e mellor”.

“Na nosa cidade, pola falta de planificación e polas incertezas na mobilidade, a Praza de Abastos segue sendo unha materia pendente, tamén polo que pasará despois de que as obras rematen. Unhas obras que se atrasan e que están ocasionando moitos prexuízos tamén neste mercado”, abundou.

Por último, a tamén deputada autonómica, despois da visita ás peixerías da praza, celebrou que o Goberno galego “segue reivindicando medidas importantes para fomentar o consumo saudable de peixe e que sexa posible para as economías familiares, coidando o seu peto”.

⚙ Configurar cookies
0.16386008262634