Elena Candia pon en marcha o programa de entrevistas 'Canda Elena'

LugoXa
O proxecto nace como un espazo, cunha periodicidade quincenal, de encontro distendido con protagonistas da vida lucense procedentes de ámbitos moi diversos
programa-youtube-entrevistas-canda-elena
18 Mar 2026

A voceira municipal do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, achegará aos lucenses o lado máis descoñecido de diferentes protagonistas da vida social, cultural, deportiva e empresarial da cidade a través dun novo formato audiovisual de entrevistas biográficas titulado “Canda Elena”.

O proxecto nace como un espazo, cunha periodicidade quincenal, de encontro distendido con protagonistas da vida lucense procedentes de ámbitos moi diversos, que compartirán as súas vivencias, as súas traxectorias profesionais e tamén a súa visión sobre a cidade.

A través deste formato, Elena Candia busca poñer en valor o talento, o esforzo e as historias persoais de moitos lucenses que forman parte do tecido social da cidade, ofrecendo unha mirada máis próxima ás persoas que contribúen a construír Lugo cada día.

“Canda Elena” é un programa de conversa no que a propia Candia exerce como anfitrioa, creando un ambiente próximo que facilita coñecer non só a traxectoria pública das persoas convidadas, senón tamén a súa experiencia vital.

O primeiro capítulo do programa, que xa está dispoñible, e está protagonizado por Paco e Héctor, do Restaurante España, un exemplo de cómo tradición, emprendemento familiar e coidado do produto local se combinan para ofrecer calidade dos productos de proximidade desde a orixe. Esta historia non é só de cociña: é unha lección de esforzo, de compromiso coa identidade local que nos lembra que cada prato servido en Lugo é tamén unha celebración da nosa cultura, dos nosos produtos e da creatividade das familias que manteñen viva a gastronomía da cidade.

0.11993503570557