Elena Candia presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

LugoXa
Elena Candia presenta a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais de maio cunha lista moi renovada
Pp presentacion candidatura
16 Abr 2023

A candidata do Partido Popular, Elena Candia, vén de presentar a lista coa que acudirá ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Para Candia a súa candidatura é un “reflexo da sociedade lucense xa que está integrada por veciños e veciñas de distintos perfís”. 

Trátase ademais dunha lista moi renovada xa que “nos 13 primeiros postos hai 10 caras novas con respecto á lista de 2019, onde destacan profesionais de recoñecido prestixio tanto no eido técnico e de xestión coma no campo sanitario e de servizos sociais”

Entre estas novedades está a número dous, Cristina Sanz, deputada do parlamento de Galicia e Enrique Ceferino Rozas que xa foi concelleiro e vicepresidente da xunta local. O actual vicevoceiro Antonio Ameijide ocupa o cuarto posto da lista. 

“Hai profesionais de recoñecido prestixio que servirán de ponte para mellorar e para poder espertar e cambiar a tendencia do reto demográfico axudando a impulsar proxectos de futuro” declara Candia quen engade que “Tamén no equipo hai perfís sanitarios e de servizos sociais que reflicten o Lugo das persoas que queremos poñer no centro”

A candidatura complétana Javier Vázquez Prado, Flor Rubinos Rois, Silvia Colmenero Guzmán, Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez, Agustín Gallego Vigo, Aurora Aida Goás Castro, Gustavo Enrique Díaz Rey, María del Mar Caballas Piñeiro,Damián Carballo Méndez, Manuel Chousa Maciñeiras, Águeda Valín Armas, Khadija Mazi Dihaj, Mauro Rodríguez Baliña, Manuel Cortón Muinelo, Cristina Fernández González, María José Blanco Freire, María del Carmen Fernández Álvarez, Santiago Amedo Ramos, Luis Asorey Daviña, José Benito López Abad e Reyes Costas Manzanares

0.26946306228638