Elena Candia propón un sistema de transporte a demanda en taxi para as parroquias
A candidata á alcaldía de Lugo avanzou que cando chegue á alcaldía implantará un sistema de transporte a demanda en taxi que suporá “unha forma novidosa de moverse para veciñanza que vive nas 54 parroquias do municipio”.
Elena Candia insistiu en que “se queremos un rural cheo de oportunidades e de futuro hai que garantir unha igualdade de oportunidades para que os que residen nas parroquias de Lugo poidan achegarse ata a cidade para facer trámites administrativos ou por motivos sanitarios”.
Neste momento os autobuses urbanos de Lugo non chegan á maioría dos núcleos da zona rural reflexionando que “estamos falando do concello galego que máis parroquias ten, polo que este asunto require dunha resposta seria e en consenso co colectivo que entendemos pode integrarse dentro dos plans de mobilidade urbana do vindeiro 2023 para prestar un servizo de calidade, optimizando os custes e reducindo o impacto medioambiental”.
Para Elena Candia o modelo de transporte a demanda en taxi adaptase á realidade do Concello recalcando que “en vez de enviar autobuses con horarios fixos, que moitas veces van baleiros, tería
moito máis sentido organizar viaxes dependendo das necesitades dos veciños”.
A popular insiste en defender este modelo de transporte a demanda no rural “como a alternativa máis ecolóxica e barata”. “Nese senso indica que cada quilómetro de autobús urbano cústalle ao Concello
2,10 euros mentres que cada quilómetro de taxi supón un desembolso de 1,03€.