Elena Candia reuniuse cos titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado para escoitar as súas demandas
Elena Candia reuniuse cos titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado para escoitar as súas demandas, xa que di que "a Praza de Abastos e o Mercado Municipal precisan de melloras urxentes nas súas instalacións e no seu sistema de xestión".
A voceira popular anunciou aos asistentes que o seu grupo municipal levará a pleno un plan de melloras para a xestión da praza de abastos co obxectivo de acadar un réxime participativo e conciliador na xestión dos espazos.
Así, demandan máis investimento, xa que a partida orzamentaria para este ano 2024 ascende a 145.000 euros, unha cantidade suficiente para facer da Praza e do Mercado unhas instalacións accesibles, libres de goteiras e/ou humidades, ademais de permitir o arranxo e mellora do montacargas ou proxectar a climatización dos diferentes espazos.
Ademais poderíase activar o sistema dixital que permite o acceso con tarxetas que xa está instalado pero que non está en uso. Este sistema permitiría adaptar as entradas e saídas as súas verdadeiras necesidades xa que o horario dunha pescadería non é o mesmo que o dunha ferretería e as necesidades inherentes o posto tampouco.
Os populares xa puxeron en coñecemento do goberno local a relación de desperfectos en marzo de 2024, momento no que o goberno municipal aceptou telos en conta pero que a día de hoxe seguen sen resolver.
Por outra banda, aténdese á xestión, xa que piden a modificación dunha ordenanza anticuada e obsoleta adaptada á idiosincrasia actual, atendendo a horarios, procedementos (a adxudicación de postos valeiros demórase moito no tempo), xestión dos espazos de carga e descarga (adaptados ás necesidades de praceiros, proveedores e clientes), axilización de trámites para acadar autorizacións necesarias para desenvolver a súa actividade. En definitiva, buscar as mellores condicións para que os titulares podan desenvolver a súa actividade.
"Máis empatía e máis humildade"
Os populares insisten na importancia e valor que aportan os mercados e prazas de abastos, con produtos de calidade, que son identitarios da provincia e da cidade. É unha obriga dos mandatarios municipais corresponder á súa entrega con facilidades e servicios.
Ante a situación de demora e de improvisación das obras do centro, é necesario agradecer os esforzos de superación dos titulares das actividades económicas situadas dentro de murallas.
Por todo isto o Partido Popular demanda aos responsables municipais máis empatía cos autónomos que pagan os seus impostos, que viron como lles encareceu a súa actividade a pesar da minoración das ventas polas dificultades dos clientes para acceder as instalacións, polas consecuencias das obras que se están a realizar no casco histórico ou polas sancións que lles impoñen cando van a mercar ou mesmo aos praceiros cando van a traballar.