Elixen como novo secretario xeral do PSdeG das Nogais a Ismael Carcedo

Ismael Carcedo foi elixido novo secretario xeral do PSdeG en As Nogais.
O voceiro socialista no concello asume agora a responsabilidade de liderar a Executiva local, que nace coa intención de construír unha alternativa forte e de futuro para o municipio.
A nova dirección conta con Verónica Marcos á fronte da Secretaría de Organización e Alfonso Souto na Secretaría de Política Municipal.
Trátase dun equipo novo, próximo e comprometido, que se marca como obxectivo acadar a alcaldía nas eleccións de 2027.