Eloy Pérez Sindín será o candidato do PP á alcaldía de Monterroso

LugoXa
Eloy Pérez Síndín, actual tenente de alcalde, será o candidato do Partido Popular á alcadia de Monterroso nas vindeiras eleccións
Eloy candidato pp monterroso
23 Xan 2023

Eloy Pérez Sindín, actual primeiro tenente de alcalde de  Monterroso será o encargado de encabezar a lista popular nas eleccións locais do próximo mes de maio. Pérez Sindín xa foi candidato á alcaldía nos comicios de 2019, que foron o seu primeiro encontro coa política.

Séntese diante dun “gran reto que asume con gran responsabilidade” e que afronta con “seriedade, humildade e respecto”. O candidato lembra "o moito traballo efectuado ao longo do actual mandato e sinala o camiño a seguir, avanzando na mellora das infraestruturas e na ampliación de servizos aos veciños".

Entre as infraestruturas, Eloy Pérez destaca "a construción dunha nova planta depuradora de augas residuais, para a que, despois das xestións feitas diante da Xunta, a Administración autonómica está a punto de rematar o correspondente proxecto técnico". E en canto a servizos dos que Monterroso precisa dispoñer canto antes declara que son "unha residencia da terceira idade" que asegura "terá o municipio se chega á alcaldía".

Á presentación do candidato asistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e unha representación da dirección provincial do PP. Prado afirmou que o PP de Monterroso “é un exemplo de solvencia, xestión e sentidiño” e puxo en valor que "sempre se antepuxera a gobernabilidade, o benestar e a prosperidade do concello fronte a partidismos é ideoloxías”. Neste sentido enxalzou a “capacidade de chegar a pactos e non seguir afondando na parálise” demostrada polo recén elixido candidato á alcaldía, Eloy Pérez.

0.15191888809204