Elsa Muñiz presenta o seu segundo disco instrumental "News Beginningss" en Lugo

Elsa Muñiz actuará este venres, 5 de setembro, ás 20.00 horas na Capela de Santa María, un concerto da pianista e compositora, que presentará en Lugo o seu segundo disco instrumental "News Beginningss".
A actuación, gratuíta, enmárcase na xira de presentación deste traballo musical, que inclúe nove pezas para piano, nove caligramas e nove relatos.
"Un proxecto moi persoal, que falan de renacer, de tomar decisións valentes e conectar co que sentimos", en palabras da propia autora.
Elsa Muñiz Formada en piano clásico nos conservatorios de Ribeira e Vigo e na Universidade de Música Fryderyk Chopin de Varsovia, e con formación pedagóxica, mestura estes dous ámbitos na súa traxectoria como compositora a través do que denomina "pianotelling", música instrumental para piano que dá vida a microrrelatos autobiográficos, unha fórmula creativa coa que pretende achegar a música instrumental de xénero predominantemente clásico ao gran público, facéndoa máis accesible e dotándoa dun compoñente didáctico e pedagóxico fundamental.