Elsa Pena logra a prata Sub23 no Europeo de Acuatlón en Navarra

GaliciaXa | LugoXa
A deportista do Club Cidade de Lugo Fluvial acadou a segunda posición na proba Sub23 do Campionato de Europa de Acuatlón, celebrado en Aritzaleku. Galicia sumou tamén outras tres medallas nos grupos de idade.
Elsa Pena
19 May 2025

A cidade de Pamplona inaugurou o pasado xoves, 15 de maio, o primeiro dos tres Campionatos de Europa que acolleu esa fin de semana no marco do Half Triathlon Pamplona Iruña 2025, no seu décimo aniversario.

O Campionato de Europa de Acuatlón reuniu a máis de 350 deportistas nun formato explosivo que combinaba 1.000 metros de natación no encoro de Alloz cunha carreira a pé de 5 km en Aritzaleku. A proba estivo marcada polo sol e pola esixencia do percorrido.

A nivel deportivo, a eslovaca Zuzana Michalickova e o español Kevin Tarek Viñuela proclamáronse campións de Europa nas categorías élite. A galega Elsa Pena, do Club Cidade de Lugo Fluvial, subiu ao podio cunha merecida medalla de prata na categoría Sub23, mentres que Andrés Cendán, tamén do Cidade de Lugo Fluvial, rematou en sexta posición na categoría élite masculina.

Galicia brillou tamén nos grupos de idade:

  • Iván Rubio (AD Náutico de Narón), bronce en 50-54.
  • Ricardo Rey Martínez (Nosport Limit), prata en media distancia 45-49.
  • Nicolás Domínguez García (AD Náutico Narón), ouro en media distancia 40-44.
⚙ Configurar cookies
0.09497594833374