Emilio Montilla do Biosbardo, subcampión galego de 10k
Esta fin de semana o C.D. Biosbardo estivo en plena competición con dúas proas de gran nivel. Por un lado, o club participou no Campionato de España de Trailrunning por seleccións que se disputou en Ojós, Murcia e tamén no Campionato Galego de 10k que se disputou en Xinzo de Limia.
No competición galega, presentáronse cunha selección de xogadores moi competitiva a pesar das inclemencias climatolóxicas. Emilio Montilla realizou unha competición moi intelixente, adaptándose á climatoloxía e aínda que ficou lonxe da súa marca na distancia conseguiu loitar polo título da categoría no sprint final, onde tan só un segundo o privaría do título galego, facéndose así coa prata na categoría M50.
Convocado pola selección galega de Trail running Federico Losada competía tanto na categoría absoluta como na subcategoría M45. Coa mesma sorte que o seu compañeiro perfeou o sprint na recta de meta, quedándose a 3 segundos do podio nacional e rematando cuarto na que foi unha xornada histórica para o combinado galego.
Dentro das seguintes citas do CD Biosbardo destacan xa os dous campionatos de España que temos en abril: o Campionato de España de Subida Vertical e o Campionato de España de Carreiras de Montaña, ambos en Candeleda, Ávila.