Empezan as obras na estrada N-VI, que conecta coa LU-P-2902, en Meilán

LugoXa
Esta intervención, enmarcada no Plan Único da Deputación de Lugo, conta cun investimento de 120.800 euros e permitirá reforzar a seguridade viaria e mellorar a accesibilidade na zona
estrada-N-VI-coa-estrada-provincial-LU-P-2902-Meilán-Lugo
20 Feb 2025

Comezan as obras de acondicionamento e mellora do firme da estrada municipal que conecta a N-VI coa estrada provincial LU-P-2902, atravesando o núcleo rural de Guntín, na parroquia de Meilán.

Esta intervención, enmarcada no Plan Único da Deputación de Lugo, conta cun investimento de 120.800 euros e permitirá reforzar a seguridade viaria e mellorar a accesibilidade na zona.

"Estamos a mellorar unha vía esencial para os veciños e veciñas, garantindo un acceso máis cómodo e seguro. Este tipo de actuacións contribúen a fixar poboación no rural e a dotar os núcleos de comunicacións en condicións", sinalou a edil do Concello de Lugo, Ana González Abelleira.

A intervención inclúe o reforzo do firme con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización, asegurando unha mellor circulación tanto para vehículos como para peóns. "Seguimos comprometidos coas infraestruturas do rural porque entendemos que unha boa rede viaria mellora a calidade de vida e facilita a actividade económica nas parroquias", subliñou a concelleira.

Ademais, dentro das actuacións da brigada municipal e do Parque Móbil, esta semana finalizará o asfaltado dunha pista no núcleo de Rozas, en Teixeiro, reforzando a rede viaria municipal noutra das zonas prioritarias de actuación.

0.17354702949524