Branca Villares achega a Lugo as técnicas da pandeira ancaresa

LugoXa
A Tradescola pon en marcha un obradoiro de pandeira ancaresa.
24 Mar 2024

A Tradescola pon en marcha un obradoiro de pandeira ancaresa. Será o vindeiro sábado día 6 de abril en horario de 10.30 a 13.30 horas no Centrad. Branca Villares será a encargada de guiar o obradoiro no que amosará distintas técnicas e posibilidades deste instrumento.

A actividade, que conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, pretende achegar este instrumento e o seu xeito de tocalo na comarca ancaresa á poboación interesada. É de balde, pero ten as prazas limitadas, tendo preferencia o alumnado da Tradescola os asociados da Asociación Galega de Gaiteiros, que teñen ata o martes 2 de abril para inscribirse. A partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Para inscribirse no obradoiro ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola a través do número 982 229 966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal.

0.10913014411926