En marcha a nova edición do Trail Terras de Burón da Fonsagrada

LugoXa
O Club de Montaña Terras de Burón e o Concello da Fonsagrada organizan o Trail Terras de Burón que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro
trail terras buron fonsagrada 2023
trail terras buron fonsagrada 2023
5 Nov 2023

O Club de Montaña Terras de Burón e o Concello da Fonsagrada organizan o Trail Terras de Burón que se celebrará o vindeiro 27 de xaneiro de 2024 e no que xa se pode realizar a inscrición.

Contará cunha andaina de 14 km con 700 m+ e tres distancias de carreira de montaña: o Maratón das Seimeiras con 45k e 2300 m+, o Trail das Seimeiras de 30k e 1600 m+ e o Trailiño de 18k e 1000 m+.

O punto de saída para todas as distancias será Praza do Concello a partir das 8.00 horas o maratón, ás 9.30 o trails, e ás 11.00 o trailiño e a andaina.

O período de inscrición xa está aberto e ten como data límite o 14 de xaneiro. Contan cun límite de 100 prazas para o maratón e a andaina, 150 para o trail das seimeiras, e 200 para o trailiño.

trail terras do buron fonsagrada 2024
0.16756701469421