En xuño comeza a tramitación para ampliar o parque empresarial do Corgo

LugoXa
No próximo mes de xuño iniciarase a tramitación do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial do Corgo.
javier arias poligono o corgo
7 May 2021

No próximo mes de xuño iniciarase a tramitación do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial de O Corgo (Lugo) e en 2022 iniciaranse as obras de urbanización da ampliación, segundo se anunciou onte.

Así pois, sinalouse que “a previsión é licitar as obras en 2022, para que en 2023 rematen os traballos de urbanización da ampliación do parque empresarial e se poñan as parcelas a disposición das empresas interesadas”. 

Na actualidade o IGVS traballa en tres vías diferentes na ampliación do parque empresarial. Dunha parte, estase a avanzar na modificación do Plan sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia para axustar o ámbito do parque no mesmo. Doutra, estanse a realizar os traballos técnicos que permitirán a ampliación do parque empresarial e, finalmente, estase a colaborar co Concello do Corgo para garantir as conexións exteriores do ámbito.

O orzamento de Xestur para 2021 inclúe unha partida de 200.000 euros para a execución de traballos técnicos e a adquisición de terreos. Neste sentido, iniciarase proximamente una fase de adquisición de solo en mutuo acordo aos propietarios do mesmo, na procura de axilizar o desenvolvemento do ámbito. A superficie total da ampliación acadará os 201.703 metros cadrados.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16964101791382