Enara Fernández e Iván Sangiao representan ao Biosbardo no Riaño Trail Run

LugoXa
A proba, considerada un dos eventos referentes de Europa, consta dun total de 84 quilómetros e máis de 6200 metros de desnivel positivo
biosbardo-Riaño-Trail-Run
25 Xuño 2024

Nova proba do máis alto nivel para os deportistas do Biosbardo. Na provincia de León, tivo lugar a prestixiosa Riaño Trail Run, considerado un dos eventos referentes de Europa dentro das carreiras de trailrunning por etapas dada a súa singularidade e extrema dureza. A proba consta dun total de 84 quilómetros e máis de 6200 metros de desnivel positivo percorrendo Picos de Europa, Montaña Palentina e a propia montaña de Riaño; todo elo dividido en 3 etapas de competición ó máis alto nivel.

Partindo dunha lista con competidores chegados dunha multitude de países de Europa e cun palmarés considerable, Iván Sangiao non fallaba. Na primeira etapa “Picos de Europa” colocaríase na cuarta posición da táboa, remontando unha posición no segundo día no “Pico Espigüete e Montaña Palentina” e a pesares de lanzar un ataque na última etapa no ascenso e descenso do “Pico Gilbo” non foi suficiente para subir un posto máis, alzándose co terceiro posto absoluto.

A proba absoluta foi dominada polo vasco Julen Fernández, seguido polo canario Francisco Estévez, con Iván Sangiao pechando o podio cuns tempos moi axustados entre eles. Na modalidade de carreira única, estaban representados por Enara Fernández que, tras unha carreira formidable, conseguía subirse ó caixón como subcampioa sénior, sendo tamén 5ª absoluta. Dada a dureza do evento, dende o club destacan a importancia de contar con tódolos deportistas en meta, mais aínda se cabe tamén preto dos postos de podio da súa categoría tanto Iván Barca como Eneko Hurtado.

0.12569117546082