Endesa conecta o parque eólico de Pena Ventosa

LugoXa | AMariñaXa
26 Nov 2019
Enel Green Power España, a filial de enerxías renovables de Endesa, vén de concectar á rede o parque eólico de Pena Ventosa, situado entre os municipios lucenses de O Vicedo e Ourol.
Así, entraron en funcionamento os aeroxeradores que están a uns 78 metros de altura e teñen 90 metros de diametro. Estes producen unha potencia de 2 megavatios.
Seguindo o modelo de obras sostenibles, Enel colocou paneis solares fotovoltaicos en todas as obras para cubrir parte da demanda enerxética e a adopción de medidas de aforro de auga, e instaláronse así mesmo depósitos de auga e sistemas de recolleita de auga de choiva. Unha vez rematadas as obras, os paneis solares e o equipo para o aforro de auga serán doados aos concellos que acollen o parque.
0.18890500068665