Enfermeiros dos centros de saúde informarán este venres sobre os métodos para deixar de fumar

O 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco a instancia da Organización Mundial da Saúde (OMS) coa finalidade de concienciar á poboación sobre os riscos do consumo de tabaco e promover políticas eficaces de control. Por este motivo, médicos e persoal sanitario dos centros de saúde de Praza de Ferrol, Fingoi, CIS, Illas Canarias (en Lugo cidade) e Palas de Rei (pertencente á área sanitaria centro) informarán mañá nos seus respectivos centros de saúde sobre os ricos do consumo de tabaco e outros produtos asociados, así como dos distintos métodos para deixar de fumar. Esta actividade enmárcase na celebración do Día Mundial sen Tabaco, na que ademais dos centros do distrito sanitario centro tamén participarán os centros de saúde de Burela (distrito da Mariña), Monforte de Lemos (Distrito Sur) e Vilalba (distrito centro) e que implicou a realización de distintas actividades ao longo de toda a semana.
Un dos principais desafíos aos que se enfronta a saúde pública na actualidade é combater o atractivo do consumo de tabaco, nicotina e outros produtos conexos, especialmente entre o público xove. Por este motivo, o lema da campaña 2025 é: "Desenmascaremos su atractivo".
Na actualidade o consumo de tabaco e produtos relacionados, así como a exposición ambiental ás súas emisións constitúen unha das primeiras causas de morbi-mortalidade en todo o mundo, sendo un dos principais factores de risco evitable das enfermidades non transmisibles máis prevalentes.
En España prodúcense cada ano case 52 000 mortes por este problema. O tabaco é o responsable directo dunhas 35 enfermidades distintas, non existindo ningún nivel de consumo seguro. Entre os novos produtos do tabaco sinalar que poden conter compostos tóxicos, como nicotina, glicerina y propilenglicol, así como nitrosaminas que actúan como axentes canceríxenos.
Porén, as consecuencias para a saúde do tabaquismo e produtos relacionados pode previrse se se deixa de fumar. Neste senso, o persoal sanitario dos centros de saúde de dos centros de saúde de Praza de Ferrol, Fingoi, CIS, Illas Canarias e Palas de Rei informarán dos riscos, métodos para deixalo e proporcionará materiais informativos sobre as vantaxes de deixar do abandono do tabaco; así como consellos para deixar de fumar.
A enquisa sobre alcol e outras drogas en España (EDADES) de 2024 realizada en poboación de 15 a 64 años, reflicte que 6 de cada 10 persoas fumaron tabaco algunha vez na súa vida; sendo a segunda substancia máis consumida pola poboación española, tralo consumo de alcol.
Nos últimos anos o consumo diario de tabaco experimentou un descenso en termos xerais respecto a cifras previas, grazas ás medidas de control adoptadas. Con todo, a idade media de inicio ao consumo de tabaco sitúase nos 16,6 anos, aínda que enquisas dirixidas especificamente á poboación xuvenil (ESTUDES) sitúan este inicio entorno ás 14 anos.
Cómpre lembrar tamén que o uso de cigarros electrónicos está aumentando entre os mozos e constitúe unha vía de iniciación ao consumo de tabaco. A poboación adolescente que probou cigarros electrónicos ascende a un 46 %, sendo superior nas rapazas.