Entrambasaguas, en Guntín, está de festa desde o venres

LugoXa
A programación inclúe actos relixiosos e música en vivo para animar veciños e visitantes
festas-entrambasaguas
31 Jul 2025

A localidade de Entrambasaguas, no concello de Guntín, celebrará as súas festas patronais na honra á Virxe do Socorro e á Virxe da Saúde os días 1, 2 e 3 de agosto. A programación inclúe actos relixiosos e música en vivo para animar veciños e visitantes durante toda a fin de semana.

O venres 1 de agosto, a verbena dará comezo ás 23:00 horas coa actuación da orquestra Costa Dorada, encargada de poñer a música nesta primeira noite festiva.

O sábado 2, a xornada comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú. Pola noite, a festa continuará coa verbena a cargo da orquestra Verano Azul. Ademais, tras o primeiro pase da orquestra, sortearase un televisor de 55 polgadas entre os asistentes.

O domingo 3 celebrarase a misa solemne ás 13:00 horas, e a sesión vermú estará amenizada pola Charanga TNT, que porá o broche final a tres días de celebracións no corazón do concello de Guntín.

⚙ Configurar cookies
0.18383479118347