Entregada unha nova vivenda de promoción pública en alugueiro na Tinería
LugoXa
A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio lucense da Tinería.
14 Nov 2023
A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio lucense da Tinería. Trátase dun estudo dun dormitorio situado na rúa Recanto do Miño.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega das chaves á persoa beneficiaria. Explicou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) traballa para axilizar ao máximo a adxudicación das vivendas dispoñibles.
As listaxes de adxudicatarios elabóranse en base aos datos do Rexistro único de demandantes da Xunta, no que deben inscribirse todas as persoas interesadas en acceder ás vivendas de promoción pública. O prazo de solicitudes está sempre aberto.