Entregadas as axudas para o impulso da actividade económica no Corgo

LugoXa
O Corgo está a entregar as axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal, co fin de paliar os efectos da covid19.
axudas hostalaria
6 Aug 2021

O Concello do Corgo está a entregar as axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal, co fin de paliar os efectos da covid19 no ano 2021.

Así pois, todos aqueles comerciantes e hostaleiros que o precisaran puideron solicitar dita axuda a través de vía electrónica ou entregando a instancia no propio Concello. Desta forma, a resolución concluía pasados tres meses.

Desta maneira, é o segundo ano no que se reparte esta subvención directa na que se entregaron 745 euros por cada demandante.

0.17914199829102