Entregados en Outeiro de Rei os premios do certame das Letras Galegas

LugoXa | TerraChaXa
No concurso estiveron apuntados ata 66 participantes
entrega-premios-outeiro-de-rei-letras-galegas
O momento da entrega
20 Xuño 2024

O salón de actos do Concello de Outeiro de Rei acolleu a entrega de premios de narración e debuxo das Letras Galegas 2024.

No evento estiveron apuntados ata 66 participantes, todos eles sendo nenos e nenas do concello, dende primeiro curso de primaria ata sexto.

Os participantes gañadores recibiron un agasallo e un diploma. O alcalde do concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, estivo presente na entrega.

En debuxo Mara Lage Vázquez foi a gañadora na categoría de ata 8 anos. Tamén recibiron premio Aroa Fernández Barreiro e Anxo Illán Sánchez.

Na categoría B, para nenos de 9 a 11 anos, gañou Breixo Araújo González, seguido de Juan David Barreiro Gómez e Iago Río Pernas. Recibiron un accésit Mariña Tubío García e Thiago Casanova Sánchez.

En narración foron os gañadores Aroa Fernández Barreiro, Area Barreiro Barja e Martín Blanco Pérez na categoría de menores de 8 anos. No B gañaron Valeria Díaz Morandeira, Alicia Gónzález Núñez e Claudia Carreira Freire.

0.085905075073242