Entregados en Rábade os premios da campaña do Comercio

LugoXa | TerraChaXa
Sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
merca-no-teu-comercio-rabade
23 Sep 2025

O Campo da Feira de Rábade acolleu a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no teu comercio, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de agosto neste municipio lucense.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos de Rábade durante a iniciativa, sorteáronse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio ten premio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de Rábade.

Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; a súa homóloga na Asociación de Comerciantes de Rábade, Dolores Lage; Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Remedios González, alcaldesa de Rábade; e Suevia Arraña, subdirectora de oficina de Abanca en Rábade; entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.090628862380981